venres, 29 de abril de 2011

A perfección da imperfección.

Fálase de modificacións xenéticas, de nanotecnoloxía que eliminará a enfermidade, de bebés á carta, de seres cuasi-inmortais....de todo "isto" non sei que sairá, pero desde logo a "perfección" tal como a entenden algúns non creo que nos leve a ningunha parte que non sexa un estado ou situación onde xa estivemos.

A imperfección, a circunstancia, o defecto...danos algo, danos a posibilidade de superación, obriganos a desenrola-la "tolerancia". A perfección entendida como un ser estereotipado que non comete erros, nin ten faltas lévanos ao "elitismo"...e a outras cousas peores.

É posible que esté en marcha o "superhome" pero desde logo non será un verdadeiro "home". Será un ser sen un espíritu forxado no día a día, na imperfección, na busca da superación persoal das súas carencias e faltas.
A vida parece un camiño que facemos tratando de satisfacelas nosas "faltas", buscamos o que nos "falta", comida, amor, coñecemento, obxectivos vitais trascendentes...

Cando nos facemos ou cremos perfectos séguenos "faltando" algo, a inocencia, a imperfección, a naturalidade, os fallos humanos,...é algo que pode volverse na nosa contra de forma sutil, silenciosa, pero implacable.

A imperfección quizá sexa o factor desencadenante de todo o que existe, porque si todo fose inmutable , inanimado, perfecto, simétrico i equidistante, pregúntome qué sitio habería para algo que non fose unha ausencia total de temperatura.

No cosmos todo está en movemento, activo, vivo...desde a última partícula subatómica, ata a Galaxia máis distante.


luns, 25 de abril de 2011

Pasaba por aquí...

A condición básica da existencia pareceme que é a "soidade". Nacemos sendo agradables para nosos pais, inocentes, inofensivos, dependientes. Cando algo nos falta choramos, gritamos...e si temos sorte aparecerá unha nai que nos satisfaga. Crecemos e as cousas non son xa tan fáciles. É posible que haxa persoas que se sentiran sempre acompañadas, pero no propio significado da palabra acompañado xa se está recoñecendo que partimos dunha situación existencial de soidade....

Nesa soidade, cando non topamos unha maneira de encaixalas "nosas necesidades" no "grupo" ou no mundo aparece a "angustia".

Tentando solucionar ese "estado" podemos acabar aceptando solucións que nos acaban quitando cousas importantes como a liberdade, a ledicia de vivir, ou simplemente sentirse un mesmo...

Falo de solucións como:

-  Despreocuparse desta vida coa fantasía de que a verdadeira vida está despois da morte.
-  Abandoarse diante do primeiro "pastor" que nos apareza.
- Conseguir "diñeiro" e "altura social" a calquera prezo.
- Aceptala "autodestrucción" como vínculo de unión cos demáis.
- Deixarse caer no odio inxustificado a "outros grupos".

Eu desde logo non sei cal é a saída, pero simplemente con non entregarme a esas vías xa conseguín moito. Teño carencias, e problemas, vou tirando como podo, pero só o feito de non aceptar unha destas solucións fáciles á primeira de cambio, deume moitas posibilidades para ir descubrindo o aberta e misteriosa que é a existencia propia e axena.

Aceptar esa "falta", deixalos interrogantes abertos para seguir buscando, pesa-las ideas con espíritu crítico, non me dá unha "solución absoluta" pero polo menos permíteme manter un certo grao de inquedanza ante as cousas tendo xa 40 anos.

Parece sinxelo, pero somos animais sociais, e a "manada" pesa moito.

Si nos dín que temos que ser "superiores" aos nosos veciños en "algunha cousa" creo que temos que preguntarnos antes ¿Para qué?¿Por qué?...É convinte ter cuidado de non acabar conseguindo "medallas" en obxectivos que non son os "nosos", non vaia ser que cando miremos atrás no camiño nos demos conta do "erro de dirección". Si acabamos "fanatizados" será moi dificil sair do aramio de espiño.

Si unha "manada" nos "humilla" , nos "discrimina" , nos "desprecia" ou nos "ignora" por non pensar ou comportarnos según o seu "modelo", hai moitas "manadas" no mundo, e algunha haberá que nos acepte tal como somos. E si non é unha manada, uns poucos amigos, ou unha parella sirve para ir tirando.

Para xogar a ser só manada xa están as ovellas e os lobos. A manada é importante e absolutamente necesaria, pero a existencia é algo individual e intransferible.

Existo, son de carne e oso, estou pegado a un mundo que da voltas sobre sí mesmo cada 24 horas, os demáis déronme moitas decepcións pero tamén alegrías, erro moitas veces, pero aínda sigo vendo claramente que para o ser humano non hai nada escrito.

Segundo tódolos datos que se dispoñen ata o de agora, a materia que nos da forma forxouse nas estrelas, o impulso que nos da vida é unha forza bruta inherente á propia estructura da materia, pero a consciencia da nosa propia "existencia" danos os ladrillos para constuir o noso propio mundo, sen convertilo nun exercicio de copia e dictado.






martes, 19 de abril de 2011

Internet e os libros.

É triste que os coñecementos base para o desenrolo tecnolóxico e intelectual foran aportados por xente compromotida coa humanidade, e agora a información só sirva para sacar partido económico.

Todo ser humano debería ter acceso á información contida nos libros e Internet sería un bó medio para facelo. Todo está en venta, incluso a normativa, que xa manda truco. Con todo o coñecemento que se ten conseguido é case imposible atopar fontes de información de calidade na Rede. Calquera libro técnico ou de outro tipo, non se atopa accesible. Dise que é algo polo que hai que pagar.

A sociedade debería crear un módelo que non privatice o coñecemento nas máns exclusivas dos que teñen capital.

Habería que crear un sistema que compensara aos autores e ao mesmo tempo permitira a transmisión gratuita para toda persoa independientemente de donde naza.

Creo que apropiarse dos libros limita a libre distribución universal do coñecemento. Desde logo que os autores deben ser compensados, non faltaría máis, pero dunha maneira que non limite o acceso, desde calquera sitio do planeta, a uns coñecementos que mellorarían as posiblidades de desenrolo.

30.000 ANOS

Segundo dín os biologos e antropólogos, si colocaramos un recén nado nunha sociedade da Idade de Pedra, desenrolariase como un máis, sen ningún tipo de diferencia. Do mesmo xeito, se un neno da Idade de Pedra fose educado na sociedade actual sería igual ca nós.

En 30.000 anos a evolución é insignificante, pero mentalmente pasan cousas que nos fan cambiar. A experiencia e a memoria, os coñecementos acumulados ao longo do tempo, separan a Idade de Pedra da Idade Actual.

Foi a grabación e a difusión dos coñecementos adquiridos, á causa que provocou a evolución do pensamento, e do coñecemento, foi a que provocou a evolución mental. Cando algún mandatario Nazi dicía que cando oía a palabra "cultura" botaba man da súa pistola, sabía ben de que falaba.

Creo que se pode dicir que todo sistema "establecido" de ideas que crea unha orde determinada, provoca un reparto de poder e riqueza determinado, e acaba creando unha resistencia contra a difusión e a ampliación dos coñecementos sobre o Mundo.

Non nos interesa o que contradiga a nosa fé, miramos para outro lado sempre que se poida.

Parece que ímos subindo escalóns a medida que aumenta a nosa consciencia da realidade. Pero cando non se mantén a transmisión de coñecemento, segundo parece, caímos outra vez na escuridade do pasado.

A sociedade debería ser sempre "aberta", e Internet parece unha boa vía para acceder a coñecementos "contrastados" de forma LIBRE, pero creo que de momento prima o "mercadeo", a "especulación ideolóxica" e a "intoxicación informativa".

Tal vez sexa unha forma de "resistencia" contra un novo pulo no coñecemento, que pode por en dúbida a orde previamente creada. Quizais o modelo social que creou Internet ten dúbidas sobre si é positivo ou negativo para a súa propia subsistencia.

venres, 15 de abril de 2011

creatividade

Paréceme que a nosa mente funciona de maneira parecida ao proceso evolutivo. Para a tarea creativa lanzamos hipóteses, imaxinamos solucións, posibilidades...logo comprobamos si ese modelo imaxinado, si esa posibilidade resiste a realidade. Funcionamos así en case tódolos ámbitos, creo que tamén na nosa vida íntima, pero neste ámbito hai posibilidades as que nos aferramos como un naufrago ás táboas de madeira.

O mundo funciona como un autoconstructor cego, posee en si mesmo as unidades básicas e as normas de interacción entre as pezas. A partir do momento cero, e despois do lanzamento dos dados, só se dará vida onde sexa posible que se dé. O mundo seguirá lanzando e lanzando dados, ata que se dé a combinación orgánica que acabe sobrevivindo. E cando iso pasa, sigue e segue lanzando dados infinitas veces, comprobando unha e outra vez que posibilidades novas poden caber nese organigrama vivo. Pasiño a pasiño, cada pouco máis alá, cunha velocidade cansina, sen presa, empregando miles de millóns de anos.

Pero o mundo non elimina os modelos antigos por capricho, toda especie, todo posible organismo que poida sobrevivir nese entorno, vive, vive miles e miles de anos.

Nos nembragantes somos froito da competición por dominar ao outro, e os froitos da agresividade desatada son doces no inmediato...pero a medio e longo prazo son amargos.

Non sei a onde imos nesta carreira de tolos, ¿quén nos vai dar un premio a tanto sacrificio?....Nós mesmos escribimos a nosa Historia, destacando o "importante", ¿Non é importante como se consiguen as cousas? ¿A onde imos con tanta mentira?, ¿E si o importante é a existencia do individuo para que insistir na criación de masa inconsciente? ¿Para qué sirve convertirnos en humano-cucarachas?.

xoves, 7 de abril de 2011

Todo conta

Todo conta, todo momento, toda acción, para todos e cada un de nós, para o grupo e a especie, todo suma ou resta nalgunha dirección do cruce de ventos, todo pesa, todo queda rexistrado, todo o que pasou, tódalas decisións, todo-las variacións das circunstancia, toda norma, toda actitude persoal, toda esa sútil historia e intrahistoria define o momento actual.

mércores, 6 de abril de 2011

¿Qué facemos aquí?

A veces teño a sensación de que non somos nada máis que pó, o mesmo pó que eramos, e chegaremos a ser. Serei un nihilista?.

Xeralmente as relixións, pensamentos clásicos e primitivos cren que hai uns Seres Superiores que inflúen nas cousas terrestres. A situación de tales seres ten a súa gracia, uns situanos enriba das nubes cun raio na man, ou mesmo no sol regulando o clima. Tamén os hai que os sitúan nunha especie de mundo paralelo metendo a mán de vez en cando, como quen modifica unha peza que non lle gusta no taboleiro vital que él mesmo creou.

As relixións foron reducindo personal na Aristocracia Divina, e acabaron cun só Señor con auxiliares para segundo que cousas. Este Ser soese ver como un Pai Dominador pero con distintos e moi significativos matices:
  • Uns ven un pai tolerante, sempre amoroso e disposto a escoitar. Isto está ben, polo menos o individuo consolase, e ten esperanza en que algún día terá algún regalo polo traballo ben feito.

  • Outros ven un pai tiránico, que non ten piedade, ríxido coma unha columna de formigón, ao que lle gustan moito as grandes cruces, ou as inmensas catedrais.

  • Outros, describen un pai caprichoso e sádico, que nos somete a probas, mata seres queridos, castiga con enfermidades incurabeis, esixe sacrificios, todo para comprobar si seguimos sendo fieis. Este rasgo soese combinar moito co anterior.

  • Outros vían un monstruo que esixía "sacrificios" humanos, por sorte isto veu a menos.
Nestes esquemas temos unha liberdade-condicionada, somos escravos dunha vontade exterior que nos "xulga" e nos castiga polos nosos pecados.

Gustame máis pensar que non hai nada "exterior", e que non estamos sometidos a ningún xuizo agás o dos nosos paisanos, e o de nos mesmos, que xa lle chega.

Para min, todo-los datos indican que somos consecuencia das leis da natureza en corpo e alma. Somos unha consecuencia inevitable de tódolos procesos e circunstancias aleatorias anteriores cun toque de singularidade aportada polas nosas decisións e xenética.

Hai unha tendencia natural a crear consciencia. A vida é consecuencia das leis da natureza e a consciencia é unha ventaxa significativa para o obxectivo básico de toda especie, a supervivencia. Non quero nin imaxinar o que farían certas especies se a tiveran, creo que non nos quedarían nin dous telediarios.

O evolución por azar é unha necesidade para adaptarse a múltiples circunstancias e condicións, pero cando aparece a consciencia nunha especie, esta pasa a ter unha ventaxa importante. Sería bó usala, non fora ser que a teoría de ter fillos a barullo, ou gastar sen control tivera consecuencias funestas.

Si nos enviaran á vida tal como somos agora, é moi probable que non resistiramos as condicións fisico-quimicas da terra na orixe da vida, pero os organismos máis simples, e inconscientes, si resisten condicións extremas. Non só resisten, senon que crean as condicións para que poidan sobrevivir organismos máis complexos. Tal vez as leis da forza bruta que fan falla nas etapas primitivas, non sexan agora moi efectivas.

Parece que en nós desenrolouse unha etapa máis da consciencia, fomos un pasiño máis alá que os animais e as plantas, pero o noso cerne está feito da base anterior. Liberamonos da acción puramente instintiva, podemos planear distintas estratexias para satisfacer esas necesidades vitais.

Temos a oportunidade de influir no noso destino, non hai nada no mundo que impida que todo vaia a peor na nosa vida ou na colectiva, pero tampouco hai nada que impida que a cousa vaia a mellor. 

Creo que hai máis posibilidades de sobrevivir individual e colectivamente sendo conscientes dos nosos límites e dos límites do mundo.

Non creo que haia un destino, as persoas son un destino en si mesmas. Cando se abandona o camiño da consciencia, a forza bruta da natureza toma o mando, e o seguinte paso xa non está baixo o noso control.













martes, 5 de abril de 2011

"Invasión a la tierra" (pelicula usa)

Ia ver os efectos especiais, pero....vaia merda de pelicula.

Tópicos, bágoas de telenovela, uns marcianiños que parecían a ostia, e ao final morrian coma churros, unha estratexia de conquista propia dos BUSH, ...unha merda pinchada nun pau, moi cara iso sí, pero merda ao fin e ao cabo.

FUKUSHIMA

Cando se estudia o sistema de abastecemento enerxético como unha cuestión aritmética, parece claro que a enerxía nuclear é necesaria para que den as contas, e o sistema funcione tecnicamente ben, as outras solucións aparecen como moi "caras" ou tecnoloxicamente pouco desenroladas.

Agora cando se observa sen tapadeiras a capacidade humán para tratar coa radiactividade, non me cabe dúbida de que se está a xogar con lume, un "lume" moi intenso e duradeiro, un lume que pode abrasar 100 km a redonda onde se descontrole, e salpicar pingueiras de morte por todo o mundo.

Cando vexo sacrificar "á xaponesa" a centos de persoas ("heroes" chamanlle porque a morte xa lles entregou a súa invitación), para salvar unha situación que debería estar prevista, non parece que esté resolta ningunha das cuestións clave nin "residuos", nin "accidentes", nin "erros humáns".

Si se contemplan os custes reais da enerxía nuclear tendo en conta o "risco" e a sensación de vivir de "prestado", a enerxía renovable parece "regalada".

A sociedade non quere cambiar, non se quere recoñecer que estamos errados. Queremos "centralizar", acelerar,  subir sen parar producción e consumo. Non sei cal é a solución, pero fronte a isto hai cousas que parecen viables:


  • Descentralizar a producción eléctrica.
  • Invertir no desenrolo de tecnoloxías de acumulación de enerxía eléctrica para corrixir a producción discontinúa das enerxías renovables.
  • Apostar polas Enerxías Renovables.
  • Educar por enriba da competividade e da envexa.
  • Abandoar iso de "tanto tes, tanto vales".
  • Desenrolar un sistema público de transporte de calidade.
  • Non gastar innecesariamente.
  • Non destruir empresas que teñen o seu mercado e o seu sitio, só para repartir dividendos i eliminar competencia. Ademáis do prezo , creo que hai outros valores como a "diversidade" e a "calidade", e porque non a vida en si mesma.