Cando escoito a historia da evolución da vida, e a historia da materia inerte, sempre hai algo que non acabo de comprender; ¿qué provoca que unha parte da materia se independice e teña vontade propia de perdurar no tempo como individuo e como especie?.
Coñécense ou dispomos de teorías axeitadas para comprende-lo desenrolo da vida, e as da materia, pero non acabo de percibir que é o que orixina a creación da vida orgánica.
Indo á cuestión, en todo "ser vivo", microorganismo, planta, animal, ou ser humano, a característica básica que lles permite considerarse vivos, é que queren seguir existinto, opoñense a morrer. Debe haber unha forza, instinto ou vontade na materia orgánica que se opón a disolución molecular, e celular, que dalgunha maneira non quere voltar ao estado inorgánico, non quere voltar a ser pó, hidróxeno primixenio...ou incluso partículas subatóminas no caos inicial.
Freud falaba da "pulsión de vida" (Eros), pero tamén falaba "dunha pulsión de morte" (Thanatos), como unha tendencia a voltar ao estado anterior "inorgánico".
Todo isto parece estar en concordancia coa maneira que ten de ser o mundo físico, onde sempre se dan forzas ou tendencias antagónicas que a veces chegan a un equilibrio.
Os físicos falan do principio de acción e reacción, ou o que ven sendo o mesmo "todo sistema físico, manifesta unha oposición a cambiar de estado". Desde logo isto dalle unha certa sensatez ao mundo cotián se non fose así, iriamonos sentar e poderíamos cair ao chan porque a silla cambiaría de sitio sen motivo algún. Por sorte a silla non se move se non hai ningún simpático que cha quita.
¿Será a vida consecuencia inevitable dos principios físicos que gobernan a materia inanimada?
Ningún comentario:
Publicar un comentario